Pero non sei eu se o turista que veña vacacións lle fará a mesma gracia mergullarse nesas mesmas augas na ría de Arousa. É mais, dubido moito que este turista vexa cos mesmos ollos as centolas do seu prato que veu degustar a Galiza despois de verificar in situ a calidade da auga na que se alimentou o seu prato de comida. Dubido moito tamén que a boa reputación da industria conserveira galega se manteña intacta en semellante escenario.
Pero ese escenario apocalíptico no que Galiza podería perder 50.000 postos de traballo aínda non chegou, aínda é alarmismo de esquerdas que non cre nos criterios técnicos de impacto ambiental.
Quizais este alarmismo fose mais moderado se os criterios de impacto ambiental esixisen que a factoría traballase en circuíto cerrado coas súas propias augas residuais, pero...
Oh! sorpresa! Resulta que as augas residuais de Altri non son aptas para o seu proceso industrial, pero si o é o parecer para a alimentación do marisco e para os baños dos turistas que visiten a ría.
Nin que dicir ten, que este tipo de industrias levan anos deslocalizándose a países con menores custes laborais e menores requisitos ambientais. Algo lles estaremos ofrecendo para que escollan Galiza.
Tampouco me cabe ningunha dúbida de que en semellante escenario os 250 millóns de euros de subvención serán tan só o principio, pois ante semellante escenario cando se inicien as obras, terán que multiplicar os dispositivos de seguridade no entorno da nova factoría como xa pasou en Francia con proxectos de gran contestación social. Pois a xente do mar non se vai a andar con historias mirando como Altri lle bota a merda no prato onde están a comer.
PD. Hai 8 anos que non escribía ningún artigo, pero os pesadelos as veces non deixan durmir, non se pode permitir que Galiza se converta en territorio de sacrificio. Escribo en Galego, en parte porque é un problema local, pero tamén porque hoxe en día cos navegadores calquera pode traducir o texto o seu idioma natal sen dificultade, así que a partir de hoxe, se é que volvo a escribir, fareino en Galego. Aproveito tamén para dicir que estou traballando polo cooperativismo, dende Nosa Enerxía S.Coop.Galega e dende Espazo Coop., que son socio de Aldea Cooperativa, de Coop57, de Fiare Banca Ética, e que aínda teño en mente novos proxectos. Abandonei o Blogue pero non o activismo